martes, 19 de enero de 2016

Un martes moi longo

Pola mañá, durante a hora de deseño, decidimos aproveitala e ir ao concello a entregar a solicitude. Estando alí, María e Esteban dixeron que unha pasarela no edificio do concello, sería moi boa idea xa que é un espazo grande e ben iluminado, e ademais, os modelos lucirían moito baixando as escaleiras, así que de paso que estábamos alí, preguntamos. Ao gabinete da alcaldía, a idea non lles gustou moito xa que as escaleiras eran perigosas e xa foi máis de un susto o que houbo por xente que tropeza. Pero para que non quedásemos sen alternativas, ofrecéronnos unha sala na que hai moi boa iluminación, é moi espazosa, céntrica e de fácil accesibilidade. A todos nos gustou ao momento e decidimos aceptar a oferta. A Paula e Elías rápido lle viñeron á cabeza moitas opcións para distribuír o espazo. Pedíronse as medidas e mañá empezarán a crear xa o proxecto final con medidas e o resultado final, xa que as outras ideas non se podían adaptar a este espazo.
Pola tarde, María Denís e Paula preguntaron por algunhas tendas máis un presuposto para a realización dos carteis e foron finalizar os acordos cas tendas. Tamén nos pasamos por varias tendas de roupa para pedir un presuposto das teas, e preguntar por unha posible rebaixa, xa que os deseñadores de moda xa teñen os patróns feitos. O grupo de deseño gráfico encárgase dos carteis, das entradas e das rifas.

 A día de hoxe temos sete tendas seguras en Boiro dúas en Ribeira. O espazo xa está reservado, e o prazo de presentación dos modelos remata este domingo. Para a semana temos pensado ter todo xa listo, faltando solo ensaiar cos modelos e probar a roupa. Por agora os prazos estanse cumprindo, e o proxecto non pinta mal.

lunes, 18 de enero de 2016

Un luns cheo de sorpresas

Despois de que algún membro da organización estivese na Gala do Piragüismo Galego no auditorio da Cachada este fin de semana, decidiuse ir a mirar esta sala para facer alí o desfile, e así non molestar a ningún grupo deportivo. Os responsables deste edificio tratáronnos moi ben, explicándonos paso a paso como solicitar a sala e deixaron ver, aos que non coñecían o espazo, como sería, e algúns consellos para organizar o acto. 
Saímos de alí bastante contentos co trato recibido e gustándonos, a uns máis que aos outros, decidimos presentar unha solicitude para reservar o espazo.
Como hai que ir ao concello, iremos o próximo día, xa que hoxe non tíñamos tempo.

viernes, 15 de enero de 2016

Concretamos datas

Hoxe á mañá fomos falar co colexio de Santa Baia para pedir o pavillón pero está ocupado polo equipo de baloncesto. Logo de acabar aquí, marchamos na procura dun presuposto para imprimir os carteis cos patrocinadores e as entradas, pero temos que seguir buscando, os prezos son moi altos, e seguro que atopamos unha solución moito mais económica.

Á tarde algúns compañeiros encargáronse de ir a Ribeira e concretar algúns últimos detalles coas tendas e a falar con La Voz De Galicia para propoñerlle cubrir o noso desfile. Ademais de aceptar, suxeriron facer unha entrevista previa a algúns organizadores para promocionar o desfile.

jueves, 14 de enero de 2016

Xa levamos catro días.

Cuarto día, e xa temos todo organizado, na teoría. Á mañá fomos falar co CEIP Praia Xardín para perdir o pavillón , pero o director estaba ocupado, así que volvemos pola tarde e atopamos un problema: este espazo está pedido tódalas tardes de 16:00 ata as 22:00. O responsable do pavillón díxonos que solicitásemos o espazo, e se podíamos falar coas persoas que o teñen reservado cara a cara, sería o ideal. Sábado achegarémonos alí para pedirllo. De todas formas tentaremos molestar o menos posible e pediremos o pavillón do Santa Baia se está libre.
As tendas van confirmando a súa asistencia, e vense interesadas polo proxecto. Os modelos seguen informándose do desfile, e confirmando tamén a súa asistencia.
Un gran medo que temos e que pase algo, así que mañá falaremos con algún seguro para quedar máis tranquilos. 
Os deseñadores de interiores teñen dúas opcións. Facer a pasarela con unha tarima, ou palets ben asegurados, no seu defecto.
Os deseñadores gráficos seguen traballando no tema, e recadando información.
Os encargados da moda seguen buscando máis ideas e máis modelos.

As datas están establecidas, e intentaremos que todo se faga no seu día.

miércoles, 13 de enero de 2016

Terceiro día

Hoxe traballamos nos contratos para o préstamo da roupa. Imos a ser serios e imos a ter controlada a roupa que nos deixan para devolvela toda. Xa temos unha tenda que quere colaborar.
No tema do deseño do espazo, teñen moi claro como queren repartir todo, e o que precisan. Agora están tentando conseguilo todo para estar seguros de que a idea que teñen en mente se pode levar a cabo.
Os deseñadores de moda téñen a maioría dos patróns feitos. Non queda máis que comprar a tela e este fin de semana teñen pensado comezar a recortar as telas.

Os deseñadores gráficos buscan as cores axeitadas e póñense de acordo cos deseñadores de interiores para acordar os lugares onde irán os carteis, para adecuar as cores e a letra, así como o tamaño.

martes, 12 de enero de 2016

Comezamos a buscar tendas

Temos que ir espabilando, os prazos están fixados, e deberíamos respectalos. Mentres unha parte do grupo busca modelos, a outra busca tendas que nos poida deixar roupa, comprometéndonos a devolverlla tal e como nos foi entregada. Por agora hai máis xente interesada en desfilar do que pensábamos, todos coñecidos para ter confianza neles e saber que nos van a axudar a que todo sexa máis fácil e sala mellor o que temos planeado. Á mañá fíxose unha lista das posibles persoas que podían estar interesadas e outra lista poñendo as tendas ás que iríamos á tarde para preguntar se estarían interesados. Pensando todo isto apareceu un problema, ¿quen deseñaría os carteis? Para poñerlle unha solución fácil e sinxela, falamos con unhas compañeiras que estarían encantadas en participar con nos e formar parte dunha experiencia máis. Xa está todo listo.
Á tarde creouse o grupo de WhatsApp e mentres a parte encargada dos modelos falaba coa xente, a outra parte pasou toda a tarde por Boiro e Ribeira para falar cos encargados das tendas, e expor un cambio: nos ofrecíamos a posibilidade de promocionarse, e eles a cambio deixaríannos unhas cantas pezas de roupa para vestir aos modelos.
A idea ía ben, as tendas mostraban interese, e os modelos tamén, pero non nos esquecíamos das creacións dos nosos compañeiros de deseño de moda. Decidimos abrir o desfile con unha pequena presentación, e acabalo mostrando as prendas que os nosos artistas estaban a crear. Os encargados do deseño de interiores tiñan varias ideas na cabeza, e aínda que algunhas foran descartadas ao momento, outras seguen traballando e buscando os medios necesarios para levar a cabo o escenario que tiñan na cabeza. Os deseñadores gráficos non tardaron en crear un esquema e pedirnos os datos para ir completando ocos e facéndoo o máis agradable visualmente posible.

Por agora todo vai ben, seguimos traballando neste proxecto.

lunes, 11 de enero de 2016

Comezamos!

Hoxe o noso profesor de deseño, Pascual, propuxo un traballo que consiste en elexir un deseño, especializarnos nel e facer un proxecto, que sería interesante, segundo o seu punto de vista, levalo a cabo. Non nos pareceu mala idea e xuntándonos uns cantos de deseño de interiores e outros de deseño de moda, decidimos levar a cabo a idea do noso profesor e facer un traballo no que sacaríamos o mellor de nos para planificar un desfile de moda. As ideas eran boas, e plantexámonos levalo a cabo na vida real, para non deixalo nunha posible boa idea, que nunca se levaría a unha pasarela de verdade para que a xente puidera disfrutar dela.
Puxémonos mans á obra e comezamos a aportar ideas entre todos. Xurdiron algunhas dúbidas e inseguridades á hora de plantexalo seriamente, pero tras falar co profesor e darnos uns cantos consellos, estábamos seguros de que o queríamos intentar.

Comezamos a apuntar os posibles lugares onde se podería facer, repartimos as ideas e comezamos a traballar bastante ilusionados. Esperemos que todo saia ben!